Ferrol y ComarcaNarón

Avanza a renovación da pista do pavillón do Val

Sabela Arredondo García | 08/08/2026

Os traballos de renovación da pista do pavillón municipal do Val, en Narón, continúan coa instalación da nova superficie de xogo. A actuación conta cun investimento de 26.985,43 euros e busca mellorar as condicións do recinto para a práctica de diferentes disciplinas deportivas.

Os primeiros traballos consistiron nunha limpeza xeral da superficie e na reparación das xuntas e fendas, que foron seladas antes da colocación do novo pavimento.

Unha vez transcorrido o tempo necesario para o curado da superficie, está previsto completar a intervención co pintado das liñas correspondentes ás pistas de baloncesto, fútbol sala e hóckey.

A renovación permitirá adaptar o pavillón ao uso de varias modalidades deportivas e recuperar unha superficie sometida durante anos a unha utilización continuada.

Coa intervención tamén se pretende prolongar a vida útil da instalación e mellorar as condicións nas que clubs e deportistas desenvolven a súa actividade habitual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *