Queres traballar como socorrista? Xa podes apuntarte ao novo curso
Andrea García García | 09/07/2026
As persoas empadroadas en Narón xa poden inscribirse no curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais da Comunidade Autónoma de Galicia (CFES–IEAN), organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña.
A formación está dirixida a persoas maiores de 18 anos empadroadas, con anterioridade á convocatoria, nalgún dos municipios que integran o destino turístico Ferrolterra: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.
Para acceder ao curso será necesario superar unha proba de acceso. O prazo de inscrición, recollido na convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP), permanecerá aberto ata o luns 13 de xullo.
As bases da convocatoria, os requisitos e o procedemento de inscrición poden consultarse na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.