Marcas emerxentes volverán ocupar o Parque Rosalía de Castro

Andrea García García | 09/07/2026
O Parque Rosalía de Castro acollerá o domingo 12 de xullo a segunda edición da Mostra Pop-Up de marcas emerxentes, unha iniciativa impulsada por Martobags coa colaboración do Concello de Ares.
A cita, que arrancará ás 11:30 horas e se prolongará durante toda a xornada, reunirá proxectos de Ferrolterra e doutras zonas para dar a coñecer propostas de moda, xoiería e artesanía de proximidade.
Entre as marcas participantes estarán Galoa, Seaglass Dsign, The River, Marea Sunset, Nomadas 24/7, The Vecina, Farfalla Joyas, 15405, Nanai Project e Waves Company, cunha ampla variedade de roupa, bolsos, complementos, accesorios e pezas de xoiería.
A programación completarase con música en directo a cargo de DJs e servizo de comida e bebida, creando un espazo para descubrir novas marcas, apoiar o comercio creativo e gozar dunha xornada ao aire libre no parque urbano de Ares.