Ferrol y ComarcaNarón

O porco ao espeto volve a Pedroso este sábado

Sabela Arredondo García | 17/08/2026

Imaxe: cartel da III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto. Fonte: Concello de Narón.

Pedroso celebrará este sábado 22 de agosto a terceira edición da Feira de Exaltación do Porco ao Espeto, unha xornada que combinará gastronomía, música e actividades infantís na pista polideportiva da parroquia.

Desde o mediodía, unha sesión vermú con música e petiscos de balde abrirá a programación. Os máis pequenos tomarán o relevo pola tarde cunha festa infantil con inchables, prevista entre as 18:00 e as 22:00 horas.

Ás 21:00 horas chegará un dos momentos centrais da cita coa cea popular. O menú estará composto por porco ao espeto, churrasco, chourizos, patacas, pan, bebida, sobremesa e café.

Tras a cea, a música continuará cos cantos de taberna de A Xesteira de Narón e, posteriormente, coa actuación en directo de Tania, encargada de pechar a noite.

Quen queira participar na cea aínda pode adquirir os tickets na cantina da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña. O prezo é de 18 euros para persoas socias e 25 euros para non socias, mentres que os nenos e nenas maiores de 12 anos pagarán 12 euros. A entrada será gratuíta para os menores desa idade.

No caso de quedar entradas dispoñibles, tamén poderán mercarse o propio día da feira. A cita está organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Veciñal A Pombiña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *