Ferrol y ComarcaNarón

Aulas de Benestar e Saúde Activa: novas actividades gratuítas en Narón

Andrea García García | 09/09/2026

O Concello de Narón abrirá este mércores 9 de setembro o prazo de inscrición para dúas novas actividades da Escola de Benestar: as Aulas de Benestar, dirixidas a mulleres, e Saúde Activa, destinada a persoas que conviven cunha doenza crónica. Ambas as propostas serán gratuítas, comezarán en outubro e desenvolveranse ata xuño de 2027.

As Aulas de Benestar ofrecerán un espazo de traballo grupal centrado na saúde emocional, as habilidades sociais e o autocoidado. Os contidos serán consensuados coas participantes durante as primeiras sesións e incluirán cuestións como xestión emocional, autoestima, pensamento crítico, resolución de conflitos, soidade, perspectiva de xénero e empoderamento.

Haberá 36 prazas, distribuídas en tres grupos de 12 persoas:

  • Martes, de 10:00 a 12:00 horas, no centro cívico social de Virxe do Mar.
  • Martes, de 16:30 a 18:30 horas, no centro cívico social de Virxe do Mar.
  • Mércores, de 19:00 a 20:30 horas, na Casa da Mocidade.

A actividade está dirixida a mulleres de entre 18 e 60 anos empadroadas en Narón.

Saúde Activa combinará actividade física adaptada, habilidades sociais e xestión emocional desde un enfoque biopsicosocial. A proposta contará con tres quendas, todas elas os martes e xoves:

  • De 12:00 a 13:00 horas, no centro cívico social de Virxe do Mar.
  • De 18:00 a 19:00 horas, na Escola de Domirón.
  • De 19:00 a 20:00 horas, na Escola de Domirón.

Cada grupo terá 12 prazas. Poderán participar persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e con algunha doenza crónica.

As solicitudes abrirán este 9 de septembro e poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Xeral, mediante o formulario normalizado. O prazo permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles.

As persoas seleccionadas serán contactadas por teléfono. Para resolver dúbidas ou solicitar máis información está dispoñible o 981 337 700, nas extensións 1108, 1109 e 1125.

Desde a Escola de Benestar sinalan que estas propostas buscan ofrecer actividades gratuítas e accesibles que atendan tanto ao benestar físico como ao emocional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *