Ferrol y ComarcaNarón

Narón ofrece dous cursos gratuítos de competencias dixitais

Sabela Arredondo García| 04/09/2026

Formarse en competencias dixitais ou aprender a utilizar ferramentas ofimáticas son as dúas posibilidades que ofrece a Aula CeMIT de Xuvia con dous novos cursos gratuítos que comezarán o próximo 8 de setembro.

Unha das propostas é o Preparatorio ComDix Iniciación, cunha duración de 156 horas e clases en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. A formación abordará cuestións como a busca e selección de información, o uso das tecnoloxías dixitais, a creación de contidos, a participación na contorna dixital ou o benestar no uso da tecnoloxía.

En horario de tarde desenvolverase LibreOffice Iniciación, un curso de 120 horas que se impartirá entre as 16:00 e as 19:00 horas. O alumnado aprenderá a utilizar diferentes ferramentas do paquete LibreOffice, entre elas Writer, para o tratamento de textos; Calc, para follas de cálculo, e Impress, destinado á creación de presentacións.

Ambas as formacións desenvolveranse na Aula CeMIT de Xuvia do 8 de setembro ao 3 de novembro e contarán cun máximo de 12 prazas por curso.

A participación é gratuíta e o prazo de inscrición permanece aberto a través da plataforma CeMIT.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *