Ferrol y ComarcaNarón

Unha fin de semana para buscar tesouros entre antigüidades e obxectos vintage

Andrea García García | 09/09/2026

Imaxe: Cartel VIII Feira de Antigüidades. . Fuente: Concello de Narón

O Pavillón da Mocidade da Gándara acollerá este sábado 12 e domingo 13 de setembro a VIII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage de Narón. Será a segunda edición do ano tras a cita celebrada en marzo, organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Cultural Ferro Vello.

Con entrada libre, poderá visitarse durante as dúas xornadas de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Participarán profesionais e afeccionados chegados de diferentes puntos de España, con postos dedicados a pezas de mobiliario antigo, obxectos de decoración, moedas, libros, útiles de labranza, selos, artesanía e discos, entre outros artigos vinculados ao coleccionismo e ao mundo vintage.

A variedade de propostas permitirá atopar pezas singulares para diferentes gustos e petos, desde obxectos antigos ata artigos de colección.

Durante a fin de semana, A Gándara será tamén un punto de encontro para coleccionistas, afeccionados e curiosos, que poderán descubrir novas pezas, coñecer a historia detrás de diferentes obxectos e darlles unha segunda vida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *