AresFerrol y Comarca

A Biblioteca de Ares recibe 2.777 euros para novos recursos

Sabela Arredondo García| 28/09/2026

A Biblioteca Municipal de Ares recibirá 2.777,77 euros a través da Campaña de Animación á Lectura María Moliner, un recoñecemento que permitirá reforzar o seu fondo bibliográfico e os recursos dispoñibles para a veciñanza.

A proposta distinguida nesta edición leva por título «Entre libros, talleres e xogos… imos medrando» e está especialmente orientada á infancia, combinando a lectura con obradoiros e actividades lúdicas.

Libros e contos constitúen unha das bases do proxecto, ao que se suman talleres participativos para achegar diferentes contidos aos máis pequenos. O xogo completa a iniciativa como unha ferramenta para estimular capacidades como a creatividade e a imaxinación.

Con esta nova distinción, a biblioteca aresá acumula nove recoñecementos María Moliner. Oito corresponden á categoría ordinaria, mentres que na pasada edición conseguiu un premio extraordinario dotado con 10.000 euros.

Precisamente por ter recibido ese premio extraordinario, Ares non pode volver optar a esa modalidade durante os cinco anos seguintes, polo que nesta convocatoria participou novamente na categoría ordinaria.

A achega conseguida este ano destinarase a mellorar o fondo bibliográfico y os recursos da Biblioteca Municipal de Ares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *