Ares inicia a renovación do Campo de Prados Vellos
Sabela Arredondo García| 28/09/2026
O Campo Municipal de Prados Vellos inicia unha renovación que suporá un investimento de 379.059,42 euros e incluirá a substitución completa do céspede sintético, melloras na drenaxe e na rega e a instalación de nova iluminación.
Entre as actuacións previstas figura tamén a colocación dunha rede separadora retráctil, que permitirá delimitar diferentes áreas de xogo dentro das instalacións deportivas.
A intervención forma parte do POS+2026 e conta cunha achega de 198.325,66 euros da Deputación da Coruña, mentres que os 180.733,76 euros restantes serán asumidos polo Concello de Ares.
Remata a actuación no Camiño da Malata
En paralelo, Ares culmina as intervencións correspondentes ao POS+2025 coa renovación do Camiño da Malata, en Caamouco.
Os traballos neste viario supoñen un investimento de 61.650,78 euros e inclúen unha nova pavimentación con aglomerado asfáltico, a limpeza das marxes e o refinado das cunetas. O camiño é empregado, entre outros usos, para acceder á igrexa e ao cemiterio de Redes.
Do orzamento destinado a esta actuación, 51.565,19 euros proceden da Deputación da Coruña e os 10.185,59 euros restantes corresponden ao Concello.
A renovación da Malata completa as tres intervencións incluídas no POS+2025 en Ares. As outras dúas realizáronse na rúa María, cun investimento de 331.564,01 euros, e na rúa Irmáns Bugallo, con 143.958,95 euros.
En conxunto, as tres actuacións do plan mobilizaron 537.173,74 euros no municipio.