Ares proxecta este venres «Ao son da nova regueifa»
Sabela Arredondo García| 01/10/2026
A tradición oral e a improvisación en verso chegarán este venres, 2 de outubro, á Alianza Aresana coa proxección do documental «Ao son da nova regueifa».
Esta sesión comezará ás 20:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana e forma parte da programación do ciclo cultural Outono das Artes.
O documental aborda a regueifa e a súa renovación contemporánea, achegándose á tradición oral, á música e á improvisación en verso en lingua galega.