Ferrol y ComarcaNarón

Narón busca voluntariado para a Operación Quilo

Sabela Arredondo García| 28/09/2026

Imaxe: cartel da Operación Quilo do Centro de Recursos Solidarios de Narón. Fonte: CRS Narón.

O Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón busca persoas voluntarias para colaborar na nova Operación Quilo, que recollerá alimentos e produtos de primeira necesidade para familias do municipio durante os primeiros días de outubro.

A campaña desenvolverase os días 1 e 2 de outubro no Concello de Narón e continuará o 2 e 3 de outubro en oito puntos de supermercados do municipio.

As recollidas realizaranse nos dous establecementos Lidl, no Centro Comercial de Narón, no Eroski da Gándara, en dous puntos situados na Cooperativa do Val, no Gadis da Estrada de Cedeira e no Migros de Xuvia.

Entre os produtos que máis se precisan atópanse leite enteiro, aceite, galletas, garavanzos, fariña, azucre, pasta, lentellas, cacao e conservas. Tamén se poden entregar produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar, así como cueiros das tallas 4, 5 e 6.

Voluntariado por unhas horas

Para desenvolver a campaña, o CRS necesita tamén persoas que poidan colaborar nos diferentes puntos de recollida. Non é necesario formar parte habitualmente do voluntariado da entidade nin asumir un compromiso posterior, polo que se pode participar unicamente durante unhas horas nesas xornadas.

Quen queira botar unha man pode contactar co Centro de Recursos Solidarios de Narón a través do correo crsnaron@gmail.com ou do teléfono 634 555 663.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *