Ferrol y ComarcaNarón

Pedroso celebrará o 22 de agosto a III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto.

Sabela Arredondo García | 31/07/2026 

Imaxe: cartel da III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto de Pedroso. Fonte: Concello de Narón.

Gastronomía, música e actividades para todas as idades daranse cita o 22 de agosto na pista polideportiva de Pedroso coa celebración da III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto, organizada polo Concello de Narón e a Asociación Veciñal A Pombiña.

Desde o mediodía, as persoas asistentes poderán gozar dunha sesión vermú acompañada de petiscos de balde. Entre as 18:00 e as 22:00 horas, a programación reservará un espazo para o público infantil cunha festa de inchables.

Xa pola noite, ás 21:00 horas, celebrarase a cea popular, na que o porco ao espeto volverá ser o prato protagonista. O menú completarase con churrasco, chourizos, patacas, pan, bebida, sobremesa e café. A festa continuará coa actuación musical de Tania.

As entradas sairán á venda o 1 de agosto na cantina da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña. Terán un prezo de 18 euros para persoas socias, 25 euros para non socias e 12 euros para maiores de 12 anos, mentres que a asistencia será gratuíta para os menores desa idade.

En total, a organización porá á venda 400 tickets, que tamén poderán adquirirse o propio día da feira se aínda quedan dispoñibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *