Ferrol y ComarcaNarón

904 nomes contra o esquecemento no Memorial de Canido.

Andrea García García | 22/07/2026 

Imaxen:Acto de ofrenda ás vítimas do franquismo nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Fuente: Concello de Narón.

O Memorial ás Vítimas do Franquismo de Canido, en Ferrol, acolleu este martes unha ofrenda floral durante a visita á cidade da fiscal de sala de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Xeral do Estado.

O acto celebrouse ás 13:00 horas ante o monumento «Pétalos do Pasado», obra do artista Manuel Patiño, que reúne os nomes de 904 vítimas mortais do franquismo nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Na homenaxe participou tamén a alcaldesa de Narón xunto a representantes do Ministerio Fiscal.

Durante a ofrenda, Delgado reivindicou o dereito das vítimas e das súas familias á investigación e á xustiza, e destacou a importancia da memoria democrática como parte dos dereitos humanos.

A fiscal defendeu tamén o papel do Ministerio Fiscal na procura da verdade xudicial e na protección dos dereitos das vítimas, incidindo na necesidade de manter vivo o recordo de quen sufriron a represión franquista.

A xornada, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, completarase cunha conferencia de Dolores Delgado titulada «O dereito das vítimas da ditadura e as súas familias a obter a reparación xudicial».

O monumento «Pétalos do Pasado» forma parte dun itinerario da memoria que se estende por varios concellos da contorna, entre eles Narón, e que busca manter presente o recordo das vítimas da represión franquista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *