Ferrol y ComarcaNarón

O Grupo Cándido Hermida recibe unha visita institucional nas súas instalacións de Narón.

Sabela Arredondo García | 22/07/2026

O Grupo Cándido Hermida, con sede no polígono de Río do Pozo, recibiu este mércores unha visita institucional ás súas instalacións, nas que se deu a coñecer parte da actividade que desenvolve esta empresa especializada no deseño e fabricación de solucións para os sectores retail, horeca e naval.

A compañía, provedora de Inditex, conta cunha presenza internacional en máis de 500 cidades de 80 países e está considerada unha das empresas de referencia do tecido industrial de Ferrolterra.

A comezos deste ano, o grupo foi recoñecido co Premio ao Liderado na XV edición dos galardóns da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), un recoñecemento á súa traxectoria empresarial.

Fundada por Cándido Hermida, a empresa desenvolve a súa actividade desde Narón e mantén tamén colaboracións con programas de Formación Profesional Dual, orientados á incorporación de novo talento ao sector industrial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *