Ferrol y ComarcaNarón

Rosa María Calaf e Pablo Strubell encabezarán a programación do Gulliver Fest en Narón.

Sabela Arredondo García | 22/07/2026

Imaxen: presentación da sexta edición do Gulliver Fest. Fonte: Concello de Narón.

O Gulliver Fest regresará á área recreativa do Muíño de Pedroso do 6 ao 9 de agosto cunha programación gratuíta que combinará charlas, concertos, teatro, actividades infantís e propostas ao aire libre arredor da cultura viaxeira.

Entre os nomes máis destacados desta sexta edición figuran a xornalista Rosa María Calaf, unha das correspondentes internacionais máis recoñecidas de TVE, e o escritor e divulgador de viaxes Pablo Strubell, que participarán no ciclo de conferencias do festival.

A programación incluirá tamén outras charlas, entre elas unha dedicada ao terceiro centenario da publicación de As viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift, e outra centrada no eclipse solar previsto para o 12 de agosto.

A música terá un papel protagonista durante toda a fin de semana con actuacións de Lidia India, Muyayo Riff, Hafa Afrosweet, Farra Fanfarra, Wahira, Balkan Bomba e La Duendeneta, ademais do concerto familiar de Uxía Lambona e a Banda Molona.

O festival reservará tamén un espazo para as artes escénicas co ciclo Teatro sobre Rodas, no que participarán compañías como Antón Coucheiro, Circo Expreso 2 e Jean Philippe Kikolas.

A programación completarase con ioga, xogos tradicionais, obradoiros, cine familiar, maxia, teatro de rúa, unha carreira de orientación, biblioteca de verán e zonas de acampada, glamping e área camper.

As persoas interesadas poden consultar os horarios, a programación completa e a dispoñibilidade das últimas prazas para a área camper na páxina web oficial do festival.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *