AresFerrol y Comarca

Ares abre en agosto as inscricións para as Actividades Deportivas Municipais 2026-2027

Sabela Arredondo García | 31/07/2026

Imaxe: tríptico informativo das Actividades Deportivas Municipais 2026-2027. Fonte: Concello de Ares.

O Concello de Ares abrirá en agosto o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais 2026-2027, un programa que inclúe propostas para diferentes idades e que comezará en setembro.

A oferta inclúe pilates, ioga, tonificación, zumba, baile latino, ximnasia en Caamouco e programas de actividade física para persoas maiores de 60 e de 70 anos. As sesións desenvolveranse no pavillón polideportivo, a Casa da Xuventude, o local social de Seselle, o Centro Cultural Outeiro e a Agrupación Instrutiva de Caamouco.

As persoas empadroadas en Ares poderán presentar a súa solicitude entre o 7 e o 14 de agosto, mentres que o prazo para as non empadroadas abrirase o 17 de agosto, ata completar os grupos.

As inscricións realizaranse a través da páxina web do Concello, agás no caso da actividade física para maiores de 70 anos, que deberá solicitarse de forma presencial no pavillón deportivo municipal, de luns a venres, entre as 9:00 e as 13:00 horas.

Cada participante poderá solicitar un máximo de tres actividades, indicando a súa orde de preferencia e un único horario por modalidade. Unha vez confirmadas as prazas, o pagamento da matrícula e da mensualidade efectuarase entre o 1 e o 8 de setembro.

A matrícula terá un custo de 10,13 euros para as persoas empadroadas e de 18,99 euros para as non empadroadas. Ademais, manteranse descontos para familias numerosas, unidades familiares con tres ou máis persoas inscritas e familias con dificultades económicas, previa valoración dos Servizos Sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *