AresFerrol y Comarca

Ares inicia a renovación integral da rúa Irmáns Bugallo cun investimento de preto de 144.000 euros

Imaxe: obras de renovación na rúa Irmáns Bugallo. Fonte: Concello de Ares.

Sabela Arredondo García | 31/07/2026

O Concello de Ares iniciou as obras de renovación integral da rúa Irmáns Bugallo, unha actuación cun investimento de 143.958,95 euros destinada a modernizar as infraestruturas soterradas e mellorar a accesibilidade e o estado da vía.

Este proxecto (financiado a través do POS+2025 Adicional da Deputación da Coruña.) permitirá substituír arredor de 258 metros da rede de abastecemento de auga potable, afectada por avarías recorrentes, ademais de crear unha rede separativa de augas pluviais para evitar que a auga da chuvia continúe chegando á rede de saneamento.

Unha vez rematados os traballos nas canalizacións, renovarase por completo o pavimento da calzada e das beirarrúas. A actuación inclúe tamén a instalación de novos sumidoiros, a reposición dos bordos, a mellora da accesibilidade, a actualización da sinalización horizontal e vertical e a renovación da canalización do alumeado público.

Segundo informou o Concello, estas obras completan a renovación dos servizos da rúa, despois da mellora da rede de saneamento executada hai tres anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *