AresFerrol y Comarca

Entre o onírico e a memoria: así é «Horizontes» .

Andrea García García | 14/07/2026

Imaxe: Cartel exposición Ramón Casteleiro. Fuente: Concello de Ares.

A Casa da Xuventude de Ares acollerá do 16 ao 30 de xullo a exposición «Horizontes», unha nova mostra do artista Ramón Casteleiro, que poderá visitarse no andar superior das instalacións.

A colección reúne arredor de dez cadros nos que o horizonte se converte no fío condutor. As obras exploran tanto paisaxes imaxinarias e oníricas como visións de carácter conceptual, abordando temas como a emigración, a distancia ou a separación.

A exposición poderá visitarse de luns a venres, entre as 10:30 e as 14:00 horas, e tamén os martes, mércores e xoves, de 20:30 a 23:00 horas.

Cirurxián ortopédico de profesión, Ramón Casteleiro descubriu a súa paixón pola pintura, a escultura e o modelado en barro tras a xubilación. Ao longo dos últimos anos presentou diferentes exposicións con paisaxes da contorna, reproducións de obras clásicas, creacións abstractas e pezas escultóricas.

«Horizontes» ofrece agora unha nova oportunidade para coñecer outra faceta da súa obra a través dunha proposta centrada na paisaxe, a memoria e a imaxinación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *