AresFerrol y Comarca

Autocoidado, descanso e conexión: así serán as III Xornadas PAS.

Andrea García García | 14/07/2026

Imaxen: Cartel III edición das Xornadas de Autocoidado para  Fuente: Concello de Ares.

Ares acollerá os días 15, 16 e 17 de outubro a III edición das Xornadas de Autocoidado para Profesionais Altamente Sensibles (PAS), unha iniciativa impulsada por Concha Tejada coa colaboración da Concellaría de Cultura.

Dirixida a persoas que desenvolven a súa actividade ao servizo doutras, a proposta ofrecerá un espazo para reflexionar sobre a importancia do autocoidado, o descanso e o equilibrio persoal en profesións marcadas pola atención continua aos demais.

O encontro contará cun máximo de 30 participantes. Ata o 31 de agosto permanecerá aberta a reserva anticipada de prazas, cun prezo de 45 euros.

Baixo o lema «Quen coida de quen coida?», a programación abordará os retos das persoas altamente sensibles en ámbitos como a educación, enfermaría, psicoloxía, coidados, creación artística ou emprendemento.

A primeira xornada incluirá unha mesa redonda sobre autocoidado e talento nas persoas altamente sensibles. O venres 16 concentrará a maior parte da programación con charlas, un obradoiro, espazos expositivos de produtos para PAS e momentos destinados ao descanso e ao intercambio de experiencias.

Como peche, o sábado 17 celebrarase un paseo polo litoral de Ares que rematará cun aperitivo no establecemento Bocarte, situado no Mercado Municipal.

Toda a información sobre o programa, prezos, aloxamento e inscricións está dispoñible na páxina web https://conchatejadaproject.com/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *