Ferrol y ComarcaNarón

Narón instalará unha pantalla xigante para seguir a final do Mundial na Praza da Igualdade.

Imaxe: cartel da retransmisión da final do Mundial na Praza da Igualdade. Fonte: Concello de Narón.

Sabela Arredondo García | 16/07/2026

A Praza da Igualdade, na Gándara, converterase este domingo 19 de xullo nun punto de encontro para seguir a final do Mundial de fútbol, grazas á pantalla xigante que instalará o Padroado de Deportes de Narón.

A retransmisión do encontro comezará ás 19:00 horas e poderá seguirse nunha pantalla de seis metros de ancho por tres de alto. Para facilitar o seguimento do partido, habilitarase unha zona con cadeiras destinada ao público asistente.

A xornada contará tamén coa actuación de DJ BrunoKavi, que amenizará o ambiente desde a mesma hora de inicio do evento.

Con esta iniciativa, o Concello ofrecerá á veciñanza a posibilidade de vivir a final do Mundial nun espazo ao aire libre e compartir o encontro con outros afeccionados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *